O 23 de xuño as 21:00 da noite darase a saída da Carreira de San Xoan en Vigo patrocinada por Zunfer motobombas, Unha noite máxica aderezada cun pouco de deporte popular para espantar as meigas. Unha vez máis unha festa onde a mistura entre o running e a fogueira do Berbés daranos momentos cheos de ledicia e felicidade.
A carreira dispútase nun circuíto urbán de aproximadamente 7,7 km con saída ás 21:00 dende a Praza do Rei, e co seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar Boo, Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante dos soportais da praza do Berbés.
A Organización entregará un xamón ó primeiro e á primeira da clasificación xeral, e unha paletilla ós primeiros de cada categoría. Haberá un sorteo de agasallos entre os participantes, recibindo estos un tícket numerado á entrada en meta para dito sorteo. Tamén haberá sardiñas asadas para os participantes ó remate da carreira.
Dende Zunfer motobombas FACEMOS DEPORTE, FACEMOS VIGO.